A fiestra do xestor de ficheiros

Por defecto a fiestra do navegador de ficheiros consiste nun panel de atallos no lado esquerdo, a zona principal á dereita e unha barra de enderezos enriba da zona principal.

Fiestra do xestor de ficheiros

O Panel de atallos proporciona atallos aos diferentes cartafoles do sistema. O primeiro atallo lévao ao seu Cartafol persoal, o cartafol onde se almacenan os seus datos persoais, e que polo tanto terá o nome do usuario actual. O segundo atallo levarao ao colector do lixto, onde se almacenan os ficheiros eliminados que se poden recuperar posteriormente. O terceiro atallo lévao ao Cartafol do escritorio, o cal contén os ficheiros e os cartafoles que se mostran no escritorio. O cuarto atallo levarao á raíz do sistema de ficheiros - pode que queira exploralo un pouco, aínda que lle resulte un pouco confuso se acaba de descubrir Linux/Unix. Simplemente prema nos diferentes cartafoles para ver que é o que hai dentro deles.

Debaixo do atallo Sistema de ficheiros móstranse as unidades e soportes extraíbles. Na captura de pantalla superior pode ver un atallo á Disqueteira. Prema nestes atallos para acceder aos datos almacenados nas unidades e soportes extraíbles. Consulte « Usar soportes extraíbles » para obter máis detalles.

O resto dos atallos son definidos polo usuario. Engada os seus propios atallos simplemente arrastrando cartafoles ao Panel de atallos. Isto permitiralle acceder aos cartafoles importantes de xeito instantáneo. Para eliminar un atallo xa engadido, prema co botón dereito no atallo e seleccione Eliminar o atallo. Para renomear un atallo xa engadido, prema co botón dereito no atallo e seleccione Renomear o atallo. Teña en conta que estas accións só lle afectan ao atallo, e non ao cartafol ao que o atallo fai referencia.

A zona principal sempre mostrará o contido do cartafol actual. Faga dobre clic nos cartafoles para entrar neles, e prema co botón dereito nos ficheiros ou cartafoles para obter un menú contextual que lle ofrecerá algunhas opcións sobre que facer con eles. Seleccione varios ficheiros arrastrando un rectángulo sobre eles co rato. Tamén pode seleccionar un só ficheiro, mantendo premida a tecla Maiús e aumentando ou diminuíndo a selección usando as teclas das frechas.

A barra de ruta sempre mostrará a ruta que leva ao cartafol no que está. Pode premer en calquera botón da barra de ruta para ir ao cartafol que representa. Prema co botón dereito nun botón da barra de ruta para mostrar un menú contextual con algunhas opcións.

Personalizar a aparencia

Hai moitos xeitos de personalizar a aparencia das fiestras do xestor de ficheiros. En caso de que non lle guste a forma na que se mostran as iconas, seleccione VerVer como lista detallada no menú principal para que se mostre o contido do cartafol actual como unha lista.

Pode facer que se mostre unha barra de enderezos nas fiestras do xestor de ficheiros en vez da barra de ruta seleccionando VerSelector de localizaciónEstilo da barra de ferramentas no menú principal.

En caso de que prefira unha vista de árbore no panel esquerdo, escolla VerPanel lateralÁrbore no menú principal.

Columnas visibles na vista de lista detallada

Se prefire mostrar o contido do cartafol como unha lista, usando a Vista de lista detallada, pode personalizar as columnas que se mostrar na vista de lista. Para personalizar as columnas visibles, seleccione VerConfigurar as columnas... no menú principal.

Columnas visibles
Columnas visibles

Seleccione na lista das columnas dispoñibles as columnas que desexa mostrar. Prema en Subir ou Baixar para cambiar a orde das columnas. Prema en Usar predefinido para reverter os cambios.

Redimensionamento das columnas

Seleccione a opción Expandir automaticamente as columnas cando sexa necesario se desexa que as columnas da vista de lista se expandan automaticamente se é necesario para asegurar que se ve todo o texto.